Voluntariado polo Morro!
Blog do voluntariado medioambiental contra incendios que realizamos en Lóuzara, Samos (Lugo).
viernes, 3 de agosto de 2012
Voluntari@s polo morro!
Todo isto que ofrecemos a cambio de que? pois de NADA, todo de balde, polo morro! comida e aloxamento de balde, actividades de tarde e noite de balde, información sobre o tema dos incendios de balde, coñecemento do baixo Courel e as súas xentes de balde, fomento da amizade de balde, un fin de semana xenial de balde!
Atoparedes o albergue nas seguintes coordenadas GPS: 42.684849 N,-7.240967 W, na estrada LU-5601, quilómetro 16
Podédelas amañar no seguinte formulario Voluntariado Galego
jueves, 8 de septiembre de 2011
Repercusións na prensa!
A ver se isto anima a máis voluntarios e voluntarias a botar unha manciña co tema!
Se todo vai ben e o bo rollo non cesa incluso se prevé un encontro de voluntarios contra incendios en Lóuzara-Samos alá para novembro!
jueves, 1 de septiembre de 2011
A RTVE faise eco das realidades dos incendios e da xente que se dedica a extinguilos
O grupo 43, a patrulla aérea de extinción con base en Torrejón de Ardoz, non se limita a extinguir incendios en verán, que non é pouco. Durante o resto do ano adéstrase, traballa en tarefas de prevención e recoñece os puntos negros deses 50 millóns de hectáreas de bosques que ten o noso país, un material que en calquera momento pode arder.
miércoles, 31 de agosto de 2011
Xeocaché voluntario no Monte Oribio
Para aqueles que queiran botarnos unha man e axudar á hora de vixiar o monte e estar presentes nél desanimando aqueles que teñen a lapa tan a man (recordemos aquelo de que "os pirómanos non cobran") propoñémoslle como xogo atopar o caché que en breve poremos na rede de geocaching .com
As coordenadas son:
42°42'57,3" N. 7°14'24,5" W
En breve resumiremos tamén o feito este fin de semana pasado
miércoles, 24 de agosto de 2011
ESTA FIN DE SEMANA ESTAREMOS EN LÓUZARA
Para todas/os aquelas/es que queirades colaborar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, animámosvos a participar este verán neste programa.
Un programa de formación e sensibilización en materia de conservación do medio ambiente, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de sensibilización ambiental e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais. Aínda estades a tempo, quedan prazas:
ñ Agosto: do 26 ao 28 .
ñ Setembro: do 2 ao 4 .
ñ Setembro: do 9 ao 11 .
ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES PREVISTAS SON:
ñ Formación ao voluntariado sobre prevención e vixilancia contra os incendios forestais.
ñ Obradoiro básico de cartografía-orientación-comunicación.
ñ Roteiros de vixilancia temperá pola Serra para a detección de posibles lumes forestais, con estruturación e organización dos equipos para poder abarcar o maior campo de visión posible: zonas altas con gran campo de visión e zonas baixas para a detección temperá de incendios difíciles de detectar desde as casetas de vixilancia.
ñ Vixilancia disuasiva polas zonas potencialmente perigosas polos incendios.
ñ Recoñecemento de flora e fauna de montaña.
ñ Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe.
ñ Labores de información e sensibilización á poboación local.
ñ Deseño de campañas de sensibilización
Programa totalmente gratuito promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado, e Conservacións da Natureza.
Para realizar as vosas inscricións tedes que facela cubrindo o formulario aqui: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=50
E tamén faremos unha ruta de sendeirismo pola zona para que coñezades esta marabilla da natureza.

