A ver se isto anima a máis voluntarios e voluntarias a botar unha manciña co tema!
Se todo vai ben e o bo rollo non cesa incluso se prevé un encontro de voluntarios contra incendios en Lóuzara-Samos alá para novembro!
Blog do voluntariado medioambiental contra incendios que realizamos en Lóuzara, Samos (Lugo).
Para todas/os aquelas/es que queirades colaborar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, animámosvos a participar este verán neste programa.
Un programa de formación e sensibilización en materia de conservación do medio ambiente, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de sensibilización ambiental e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais. Aínda estades a tempo, quedan prazas:
ñ Agosto: do 26 ao 28 .
ñ Setembro: do 2 ao 4 .
ñ Setembro: do 9 ao 11 .
ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES PREVISTAS SON:
ñ Formación ao voluntariado sobre prevención e vixilancia contra os incendios forestais.
ñ Obradoiro básico de cartografía-orientación-comunicación.
ñ Roteiros de vixilancia temperá pola Serra para a detección de posibles lumes forestais, con estruturación e organización dos equipos para poder abarcar o maior campo de visión posible: zonas altas con gran campo de visión e zonas baixas para a detección temperá de incendios difíciles de detectar desde as casetas de vixilancia.
ñ Vixilancia disuasiva polas zonas potencialmente perigosas polos incendios.
ñ Recoñecemento de flora e fauna de montaña.
ñ Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe.
ñ Labores de información e sensibilización á poboación local.
ñ Deseño de campañas de sensibilización
Programa totalmente gratuito promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado, e Conservacións da Natureza.
Para realizar as vosas inscricións tedes que facela cubrindo o formulario aqui: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=50
E tamén faremos unha ruta de sendeirismo pola zona para que coñezades esta marabilla da natureza.
Aproveitando que este fin de semana a xira "Viva Galicia" anda por Sarria iremos ao seu concerto ás 22:30Tras uns días de intensa actividade e posta a punto, estamos listos para que se abra o telón e comece a función. Desexamos que os espectadores disfruten do proxecto que estamos a levar a cabo, no que todos os participantes somos os principais protagonistas. Queremos compartir con todos vós o noso traballo así como tamén os nosos momentos de lecer . Arriba o telón!
Benvidos a “Viva Galicia”.