miércoles, 31 de agosto de 2011

Xeocaché voluntario no Monte Oribio

Púxose un caché no alto do Monte Oribio (monte dende o que sempre vixiamos os voluntarios de Lóuzara).

Para aqueles que queiran botarnos unha man e axudar á hora de vixiar o monte e estar presentes nél desanimando aqueles que teñen a lapa tan a man (recordemos aquelo de que "os pirómanos non cobran") propoñémoslle como xogo atopar o caché que en breve poremos na rede de geocaching .com


As coordenadas son:

42°42'57,3" N.   7°14'24,5" W

En breve resumiremos tamén o feito este fin de semana pasado

miércoles, 24 de agosto de 2011

ESTA FIN DE SEMANA ESTAREMOS EN LÓUZARA


O VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL ESTARÁ ESTA FIN DE SEMANA EN LÓUZARA E NA ZONA DE O COUREL FACENDO AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO.

Para todas/os aquelas/es que queirades colaborar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, animámosvos a participar este verán neste programa.

Un programa de formación e sensibilización en materia de conservación do medio ambiente, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de sensibilización ambiental e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais. Aínda estades a tempo, quedan prazas:

ñ Agosto: do 26 ao 28 .

ñ Setembro: do 2 ao 4 .

ñ Setembro: do 9 ao 11 .

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES PREVISTAS SON:

ñ Formación ao voluntariado sobre prevención e vixilancia contra os incendios forestais.

ñ Obradoiro básico de cartografía-orientación-comunicación.

ñ Roteiros de vixilancia temperá pola Serra para a detección de posibles lumes forestais, con estruturación e organización dos equipos para poder abarcar o maior campo de visión posible: zonas altas con gran campo de visión e zonas baixas para a detección temperá de incendios difíciles de detectar desde as casetas de vixilancia.

ñ Vixilancia disuasiva polas zonas potencialmente perigosas polos incendios.

ñ Recoñecemento de flora e fauna de montaña.

ñ Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe.

ñ Labores de información e sensibilización á poboación local.

ñ Deseño de campañas de sensibilización


Programa totalmente gratuito promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado, e Conservacións da Natureza.

A estancia e actividades desenvolveranse no entorno do Albergue Priorato de Campos de Lóuzara (Samos).

Para realizar as vosas inscricións tedes que facela cubrindo o formulario aqui: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=50

E tamén faremos unha ruta de sendeirismo pola zona para que coñezades esta marabilla da natureza.



miércoles, 10 de agosto de 2011

Concertos Viva Galicia

Aproveitando que este fin de semana a xira "Viva Galicia" anda por Sarria iremos ao seu concerto ás 22:30

“Viva Galicia” é unha “perfomance” que conxuga o traballo teatral coa interpretación musical e os bailes típicos da Nosa Terra. Está ambientado na década dos anos 70-80.O escenario social no que se está inmerso é a transición democrática e pretende afondar na temática do éxodo de moitos galegos e galegas ás cidades na procura dunha mellor calidade de vida, tendo como fondo o debate sobre o Estatuto de Autonomía. Neste caso, María, acompañada por Beti, nunha estudiantil Compostela de finais dos 70 que empeza a verse influenciada por novas modas, vai ser a que nos faga viaxar por todos estes escenarios.


Tras uns días de intensa actividade e posta a punto, estamos listos para que se abra o telón e comece a función. Desexamos que os espectadores disfruten do proxecto que estamos a levar a cabo, no que todos os participantes somos os principais protagonistas. Queremos compartir con todos vós o noso traballo así como tamén os nosos momentos de lecer . Arriba o telón!

Benvidos a “Viva Galicia”.


jueves, 4 de agosto de 2011

Resultados Enquisa Fin de Semana 29 Xullo

Como se prometeu aquí van os resultados das enquisas pasadas o primeiro fin de semana de voluntariado polo morro en Lóuzara (Samos):


Con respecto á poboación local:

  • Os veciños manteñen un gran aprezo polo entorno
  • Teñen unha elevada confianza en que non se xeneran habitualmente lumes na zona
  • Rexeitan as artes antigas de queima
  • Nalgúns casos indican que "todos saben quen queima o monte, pero todos calan"
  • Tenhen presente a conversión de zonas arbustivas en prados para a gandeiría
  • Conhecen claramente a necesidade de solicitar permisos para queimas
  • Indican que o gran problema cos incendios se sucede no outono (cando as árbores secan)
  • Están convencidos de que coa ausencia da poboación, o  monte vaise deixando sen limpar e esto xenera un elevado risco de incendios
  • Creen que é importante incentivar o retorno de xente á montanha
Conclusións d@s voluntari@s
  • Creen necesaior a creación de campos de traballo de 10-12 días ou voluntariado, ou algún tipo de contrato remunerado.
  • É necesaria a creación de postos de traballo local, para facilitar a forma de vida
  • É imprescindible a mellora de medios (médico, escola,...)
  • Son necesarias as axudas ao acceso ao rural (mantemento de, por exemplo, 1-2 anos de manutención para que os "novos vecinhos" podan establecerse e lograr conseguir traballo na zona)
  • Sería moi aconsellable a explotación de recursos naturais (mel, castanhas, noces) para reactivar a vida netas zonas.

    Será a partires de agora cando teñamos que empezar accións máis concretas...


    Todo un fin de semana entre amigos, diveirtíndonos, compartindo bos momentos, facendo ben ao o entorno que tando nos maravilla e con absolutamente todos os gastos pagos: facendo... Voluntariado polo morro.

    Podedes colaborar neste proxecto apuntandovos no seguinte formulario Voluntariado Galego

lunes, 1 de agosto de 2011

Comeza o Programa!

Xa ca mirada posta no segundo fin de semana de voluntariado en prol do noso monte e en contra dos incendios repasamos o realizado na última fin de semana de xullo


Deseñamos unha serie de enquisas que pasamos por diversas poboacións dos arredores de Lóuzara. Facendo as enquisas e coñecendo á xente das aldeas, tivemos o privilexio de disfrutar do lugar. 


O sábado tarde subimos ao Monte Oribio, con interpretación na ruta incluida (ruta cedida polo Clube de Montaña Monte Oribio http://monteoribio.blogspot.com), e fixemos unha análise da realidade da situación actual (en función do que nos íamos atopando no camiño, así como o que podíamos ver ao lonxe). E o domingo, volta a enquisas, resumo e valoración. 


Estamos á espera dos resultados das enquisas pasadas.En canto teñamos os datos rematados os subiremos aquí