miércoles, 24 de agosto de 2011

ESTA FIN DE SEMANA ESTAREMOS EN LÓUZARA


O VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL ESTARÁ ESTA FIN DE SEMANA EN LÓUZARA E NA ZONA DE O COUREL FACENDO AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO.

Para todas/os aquelas/es que queirades colaborar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, animámosvos a participar este verán neste programa.

Un programa de formación e sensibilización en materia de conservación do medio ambiente, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de sensibilización ambiental e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais. Aínda estades a tempo, quedan prazas:

ñ Agosto: do 26 ao 28 .

ñ Setembro: do 2 ao 4 .

ñ Setembro: do 9 ao 11 .

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES PREVISTAS SON:

ñ Formación ao voluntariado sobre prevención e vixilancia contra os incendios forestais.

ñ Obradoiro básico de cartografía-orientación-comunicación.

ñ Roteiros de vixilancia temperá pola Serra para a detección de posibles lumes forestais, con estruturación e organización dos equipos para poder abarcar o maior campo de visión posible: zonas altas con gran campo de visión e zonas baixas para a detección temperá de incendios difíciles de detectar desde as casetas de vixilancia.

ñ Vixilancia disuasiva polas zonas potencialmente perigosas polos incendios.

ñ Recoñecemento de flora e fauna de montaña.

ñ Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe.

ñ Labores de información e sensibilización á poboación local.

ñ Deseño de campañas de sensibilización


Programa totalmente gratuito promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado, e Conservacións da Natureza.

A estancia e actividades desenvolveranse no entorno do Albergue Priorato de Campos de Lóuzara (Samos).

Para realizar as vosas inscricións tedes que facela cubrindo o formulario aqui: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=50

E tamén faremos unha ruta de sendeirismo pola zona para que coñezades esta marabilla da natureza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario